Mostrando entradas con la etiqueta A Noite De San Xoán. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta A Noite De San Xoán. Mostrar todas las entradas

martes, 23 de junio de 2009

Noite de espíritus

Din por alí, que nesta noite máxica se comunícan o mundo do Alén (máis alá) có de máis acá. "Na Noite de San Xoán meigas e bruxas fuxirán". Entón, é hora de espantar ós malos espíritos.
O día máis longo e a noite máis curta. É a festa que marca o inicio do solsticio de verán. Nesta noite todo tería que ser perfecto. E, de momento, está sendo un día moi bo. Os gatos van polos tellados, os paxaros voan na noite de lúa negra e a xente pide desexos á fogueira.


Noite de espíritos,
que veñen e van.
Cada un coa súa manta.
atados sen máis.

Prisioneiros do tempo.
Temor á eternidade.
Cantantes da noite,
da noite de San Xoán.

Noite de lúa negra,
que alumea o ceo.
O ceo vermello.
Papel queimado,
de desexos cantados.
De desexos realizados.

Vinte espíritos van.
Voando sobre o ceo.
Gastando o seu tempo.
Na noite de San Xoán.

jueves, 11 de diciembre de 2008

Gato Negro















Misterioso...
Tenebroso...
Esos dos adejetivos se pueden referir perfectamente a "Gato Negro". Esas pupilas como rombos... ¿Que tiene de miedo?

Romper un cristal, pasar por debajo de una escalera... Todo eso te puede dar miedo. Pero... ¿un gato negro? No, por favor. Que te de mucho más miedo la crisis económica que un pobre gato al que el color no le favoreció mucho a su vida. Esos ojos felinos solo se pueden significar una cosa:





GATO NEGRO HA VUELTO

lunes, 23 de junio de 2008

A Noite De San Xoán II

E, como todos sabedes, hoxe é a esperada Noite De San Xoán. O día 23 de Xuño... Unha noite máxica. E é así porque é o día máis longo do ano! A partir de mañá (o meu cumpleanos) os días fanse máis cortos, pero apenas nótase.

  • Hai moitos ditos sobre esta celebración:
  • · Na noite de San Xoán non te deites ata a mañán.
  • · Na fogueira de San Xoán, todos caen ó chan.
  • · No San Xoán as bruxas fuxirán.
  • · Polo San Xoán, as nove co día darán.
  • · O día de San Xoán, é o día máis longo do verán.
  • · Mañanciñas de San Xoán, unhas corren e outras van.
  • · Polo San Xoán, calquera burro gaña o pan.
  • · Quen xexúa polo San Xoán, é tolo ou non ten pan.
  • · Na noite de San Xoán, bebe viño e come pan.
  • · Polo San Xoán a sardiña pinga o pan.

A festa de San Xoán é unha das festas máis importantes da nosa Galiza. A tradición é, nas praias, saltar as fogueiras. Pero aquí en Pontevedra, como non temos praias (so o río Lérez) as facemos pola cidade. Está moi claro que é moi divertido. Esta festa é a que marca o comezo do noso esperado VERÁN.

domingo, 1 de junio de 2008

A NOITE DE SAN XOÁN


Ola, bueno, os meus antigos BLOGs non tiveron moito éxito...pero espero que este poida sobrevivir a tantas cousas que teño no mundo da internet. Explicareivos por que se chama "anoitedesanxoán". Pois é un feito moi simple: nacín na noite de San Xoán. O 24 de Xuño de 1996. 11 anos... Gustaríame poder falarvos todos os días, pero a miña axenda non mo permite. Non podo diciros moito máis, porque os meus deberes espéranme dende o Luns pasado e... teño que facelos si o si. Non hai elección. Xa me gustaría a min poder descansar e non facer nada máis que durmir... Pero as cousas, por lástima, non son así. E teño as miñas obrigas.