Sí, é certo. Toda a miña vida agardei este momento. Poder reflectir os meus días nun papel. Branco... Negro... Iso tanto dá. O único problema que teño é que non a podo estrear ben estreada ata que chegue o 15 de decembro. So pensalo xa teño un sorriso inocente na boca. É que... é unha marabilla. Unha preciosidade. A perfección en persoa! Que máis podo pedir! Se teño todo! Ata a perfección. Cunha cor gris preciosa, fermosa, fermosísima! Enfermade de envexa...
Que de que falo?
Pois da miña novísima cámara!
Coma tres estatuíñas de gnomos dos chalés cursis...