martes, 25 de noviembre de 2008

e fago un oco entre 7 exames...

Se alguén me pregunta se me atopo estresado... Que nin se moleste pois o confirmo aquí. Estou cheo de probas, como que nos atopamos na avaliación.... ata a data do 15 de decembro non teño nin unha semana libre para poder descansar. Pero espero poder librarme os venres para poder estar coa familia e/o amigos....
Teño os ollos cansos de tanta luz artificial do "flexo" da miña mesa de estudante. Menos mal que teño unha silla cómoda. O xoves teño outro exame, pero teño sorte, dado que os exames son fáciles. Aínda que logo xa está o Nadal moi preto... iso que todos os adultos aborrecen tanto. Pero a min gústame moitísimo, especialmente por ver á familia.
Se podo logo engado unha foto dos cadelos de Pancho e Rita. Supoño que si.
A! Por certo, Pancho grazas por todo.
Ata máis ver!
Na foto: Mafalda. ¡Enganchoume desde o primeiro momento!

1 comentario:

condado dijo...

A ver se comprobamos por aquí as novas aficións con fotos orixinais e non copiadas da web solamente...