jueves, 26 de abril de 2012

Sombras

Que lle vou facer, se nacín nos anos das sombras. Nos anos de poñer o "no" por diante. Non cambiamos tanto, non. Seguimos arrastrando a sombra de Rosalía, e aínda nos asombra. A pesar de que os colosos loiten por marcar as nosas diferenzas, non somos tan distintos, crecimos igual.
Somos as mesmas persoas que un día quixeron estar xuntos e máis nada. E baixo os escombros atoparemos o final, e alí ata os cegos verán que somos iguais, pero que xa non estamos xuntos ó final.
Os xordos poden ver, e os cegos poden escoitar: sempre hai outra maneira de loitar.


E se non, parece que dicir Moraima funciona. 


1 comentario:

condado dijo...

Cantas veces hai que decir Moraima?...