viernes, 10 de octubre de 2008

A miña primeira viaxe so


Ai... Canto tempo facía que non viaxaba en tren. Encima, eu so. Nun tren da renfe, si, eses que din que no 2012 o AVE chega a Galiza. O caso é, que, como teño uns pais tan vagos, pois como non me quereron levar a Vigo eles, pois collín un tren. Alí esperábame a miña avoa. Votei unha ollada e alí estaba. Sen preocupacions. Non sabedes o fermosa que foi a viaxe. A ponte de Rande e preciosa. Eu sempre a collía para cruzala, pero nunca a atravesei. E casecase estábamos na aposta de Sol, como se achega o inverno... Fermoso. Mañá voume a Goián a ver aos cachorros da Chispa, a ver como están. Seguro que preciosos. Eses olliños pequerrechiños (se os teñen), ese corpiño de rata... Que gañas!! Voume a durmir pronto para poder pasa-la noite rapidísimo e mañá irme con Elena e Fito, así tamén aprovecho a ver a súa casa. Vou ver a televisión un ratiño e logo vome para a cama. Así que.. Ata mañá!

1 comentario:

condado dijo...

abrín este post unha poucas veces e agora acabo de darme conta de que é un AVE o que, pensei eu, era unha nave espacial