Bos días. Benvidos un día máis a "O mundo dos adultos". Hoxe falaremos sobre as excursións en familia. Eses festivos nos que todo está pechado e que non se sabe que facer...
O estres comeza cando todo o mundo está case preparado para saír da casa e a nai comeza a dicir:
- Xa está todo preparado?! Seguro?! Pois anda, imos que xa e tarde! Como?! Que aínda no puxeches os zapatos?! E eu aquí estresada para nada?! Pon os zapatos e a calar! E ti?! Sae do ordenador agora mesos! XA!
Despois dos entrantes de estres, comeza a viaxe. Normalmente, a viaxe non é so da familia. Normalmente vén alguén de fóra: tío, tía... E, cando están todos para saír, danse conta de que falta "esa persoa":
- Xa está! Coma sempre, a tardar! Seguro que parou por algún lado! Xa o estou vendo..!
Cando chega o/a que falta, comeza a viaxe no coche. Agora comeza a mellor parte.
- Están os
cintos abrochados?- di o condutor-. Pois nada, imos!
Os primeiros minutos do viaxe fálase de moitas cousas. Pero, despois, comézase a falar sobre a velocidade..:
- Hei, ti non vas moi rápido?- pregunta o copiloto.
- Non, muller. Non te preocupes. Imos pola autopista!- contéstalle o condutor.
- Xa, pero na autopista pódese ir ata os 120k/m, pero ti vas a 127!
- E que máis da? Sempre se pode pasar un pouco máis do debido.
- E logo as multas? Quen as paga?
E namentres, os de atrás a rir. E así ata quen sabe cando...
Cando se chega ó lugar previsto, todo é feliz. Fotos por aquí, fotos por alá... E falando das fotos...
Neste caso, o fotógrafo é o neno máis pequeno do grupo. Os maiores
posan para a fotografía durante aproximadamente... 5 minutos. Aquí comeza o diálogo:
- Veña, un sorriso!- berra o fotógrafo.
-
Pataca!- corean os fotografados.
- Un segundiño... que teño que quitar o
flash...
- Veña, apura.
- Xa está. Ah!, teño que deixar pasar a esas persoas.
- Xa temos o sorriso conxelado!
E así ata que se saca unha boa foto...
A viaxe de volta e, na maioría das veces, en silenzo.
Nenos e nenas de Galicia, durmide coa mente tranquila porque o mundo dos adultos é así.