lunes, 23 de junio de 2008

A Noite De San Xoán II

E, como todos sabedes, hoxe é a esperada Noite De San Xoán. O día 23 de Xuño... Unha noite máxica. E é así porque é o día máis longo do ano! A partir de mañá (o meu cumpleanos) os días fanse máis cortos, pero apenas nótase.

  • Hai moitos ditos sobre esta celebración:
  • · Na noite de San Xoán non te deites ata a mañán.
  • · Na fogueira de San Xoán, todos caen ó chan.
  • · No San Xoán as bruxas fuxirán.
  • · Polo San Xoán, as nove co día darán.
  • · O día de San Xoán, é o día máis longo do verán.
  • · Mañanciñas de San Xoán, unhas corren e outras van.
  • · Polo San Xoán, calquera burro gaña o pan.
  • · Quen xexúa polo San Xoán, é tolo ou non ten pan.
  • · Na noite de San Xoán, bebe viño e come pan.
  • · Polo San Xoán a sardiña pinga o pan.

A festa de San Xoán é unha das festas máis importantes da nosa Galiza. A tradición é, nas praias, saltar as fogueiras. Pero aquí en Pontevedra, como non temos praias (so o río Lérez) as facemos pola cidade. Está moi claro que é moi divertido. Esta festa é a que marca o comezo do noso esperado VERÁN.

3 comentarios:

Sun Iou Miou dijo...

Parabéns, Noite-de-san-xoán, e continúa a medrar como este blog... en calidade!

condado dijo...

Polo san xoán...
sempre das con un parván
non mexes perto dun can
non te tomen por curmán
durme que traballas mañán
come sardiñas non pan
os blogs enchense de spam
... e así sucesivamente...

Anónimo dijo...

Canta maxia nun só día... e nós esperando que os ingleses a sentiran! Pero as rúas baléiráronse un día máis ao caer a noitiña e nós coma parbos a esperar pola cacharela ou calquer lighter que permitira espantar as meigas (e bruxos) un ano máis. Non puido ser, un concertiño no Cavern Club e cheos de meigallos pra todo o ano... Menos mal que prantei ruda na porta da casa!
Un bico menciñeiro e felicidades!!!