martes, 23 de junio de 2009

Noite de espíritus

Din por alí, que nesta noite máxica se comunícan o mundo do Alén (máis alá) có de máis acá. "Na Noite de San Xoán meigas e bruxas fuxirán". Entón, é hora de espantar ós malos espíritos.
O día máis longo e a noite máis curta. É a festa que marca o inicio do solsticio de verán. Nesta noite todo tería que ser perfecto. E, de momento, está sendo un día moi bo. Os gatos van polos tellados, os paxaros voan na noite de lúa negra e a xente pide desexos á fogueira.


Noite de espíritos,
que veñen e van.
Cada un coa súa manta.
atados sen máis.

Prisioneiros do tempo.
Temor á eternidade.
Cantantes da noite,
da noite de San Xoán.

Noite de lúa negra,
que alumea o ceo.
O ceo vermello.
Papel queimado,
de desexos cantados.
De desexos realizados.

Vinte espíritos van.
Voando sobre o ceo.
Gastando o seu tempo.
Na noite de San Xoán.

2 comentarios:

Candela dijo...

Muy bueno, Gato.Me dejaste sin palabras.

condado dijo...

Supoño, polo nome do teu blog, que hoxe ademáis de inspirado estás de cumple.
¡Parabens!