Eu sempre quixen ser francés para comer ricos croissants.
Quixen ser ghaponés para ter as últimas tecnoloxías.
Tamén quixen ser suízo para comer chocolate Lindt todo o día.
Quixen ser americano para ver as estrelas de Hollywood.
Como non, quixen ser un can para xogar todo o día.
Tamén quixen ser suízo para comer chocolate Lindt todo o día.
Quixen ser americano para ver as estrelas de Hollywood.
Como non, quixen ser un can para xogar todo o día.
Quixen ser presidente para poder cambia-lo mundo.
Quixen ser paxaro para voar polo mundo en diante.
Tamén quixen ser Colón para buscar mil e unha aventuras.
Quixen ser marqués para ter todo o que quero e máis.
Quixen ser astronauta para ve-las estrelas de día e de noite.
Quixen vivir noutra galaxia para descubrir se habita alguén na Terra.
Quixen ser pirata para abordar millóns de barcos inimigos.
Quixen ser o que non son, pero quero ser o que son.
4 comentarios:
Eu tamén quero ser o que son ou sexa a túa tía.
Moitos bicos.
Desde sempre e para sempre. Moitos bicos, Candela.
Tía, madriña, amiga, familiar... Tantas cousas e tan pouco espazo!
Vamos mellorando na cuestión fotográfica, ainda que gostei máis do texto que das postais (^_^). Abrazo!
Publicar un comentario