Outro martes máis estame esperando a miña profesora de violín para darme clases en colectiva. NÓs tocamos o "cancan" de Offenbach, e así será ata que sexa a audición. Ensaiando en grupo, usamos un tempo de 73 medido no metrónomo. Eu ensaiarao moito máis rápido, pero non me importaba. E, xa pasada a primeira parte, ía empezar o estribillo e eu emocioneime: púxenme a tocar moitísimo máis veloz, como eu o ensaiara. A música, un gran misterio, cremos que o sabemos todo dela, pero quédanos moito por descubrir, e nunca o saberemos todo.
Fai clic aquí para escoitar a cancion orixinal de "French Cancan"
Fai clic aquí para escoitar a cancion orixinal de "French Cancan"
2 comentarios:
Pois non se nota que te adiantases ou romperas o ritmo, máis tampouco é estraño imaxinando tanta bailarina e tanta perna a voar prometendo zapatazo nas narices...
A imaxinación é mais importante que o coñecemento segundo di o Albert Einstein.
Bicos.
Publicar un comentario