sábado, 28 de febrero de 2009

O mundo dos adultos - Comidas familiares

Benvidos de novo a "O mundo dos adultos". Hoxe falaremos das comidas familiares. Para comezar, están os típicos tardóns. E, namentres eles non veñen, o resto da familia xa comeza a criticar: "E mira que lles dixen que viñesen pronto!... E, ó final, a esperar!". Cando xa chegan, despois dos bicos, a avoa anuncia: "Veña! Todo o mundo á mesa!". E se alguén se retrasa en sentarse, a avoa xa se altera e grita: "Pero ti que fas! Queres sentarte na mesa!". Cando está todo o mundo na mesa comendo comeza o tema do viño. Alí participa o avó: "Puf, que viño máis malo". E todo o mundo a critica-lo viño. Salvo os nenos, que beben auga. Á hora do postre comezan as críticas sobre a comida: que se está sosa, que se está salada, que se sempre se fai isto, que se... Eu que sei!
Agora entramos nos temas de conversación durante a comida. O neno ó que lle encanta facer cousas e ter plans de futuro, comeza a falar sobre o que se vai facer ó día seguinte. Cando a súa nai ou pai e a veces tamén algunha tía ou tío, se está incluído neses plans, di: "Non me programes!". E incluso, ás veces, a coro.
Pero así é o mundo dos adultos. Nenos e nenas de Galicia, durmide coa mente tranquila, pois o mundo dos adultos é así.

2 comentarios:

condado dijo...

Pásame o mesmo a min, e digo... Cando creceremos?

Candela dijo...

No mundo dos adultos tamén hai anécdotas que te fan rir como a "división sen cociente", "Vamos pastorear" ou "emigramos".
bicos.