Boas tardes, benvidos un día máis a "O mundo dos adultos". Hoxe falaremos sobre a política en época electoral. A pesar do que diga Condado, eu noto (e moito) que nas comidas cando se está en silenzo o único de que se fala é de política. Falacalada , diremos. E, despois de pensar, o pai da casa di: ¿Votamos ó BNG? Ou tamén podemos votar ó "pesoe". ¿E ó PP? Non nos esquezamos de Esquerda Unida... E así toda a comida. Un verdadeiro tostón. E os nenos, namentres a sufrir. A veces entre os nenos da casa crúzanse as miradas de aburrimento. E, como non, seguidas de risas. No almorzo é ben distinto. Despois de levantarse, ninguén está para falar de política. Coas "legañas" pegadas nos ollos e coa tosta na man, calquera se pon a falar das eleccións. Ó menos uns minutos de tranquilidade para os cativos da casa. E cando chega a cea... Iso si que é o peor! Alí é cando chegan as rifas. Que se a ver se amañan xa a rúa de enfronte da casa, que se a ver si ven un bo alcalde, que se os bancos da praza son moi incómodos, que se isto, que se aquelo... Polo tanto, acábase o día enfadado e falando de política. Nenos e nenas de Galicia, durmide coa mente tranquila, pois o mundo dos adultos é así.
3 comentarios:
Esta ben preocuparse pero sen pasarse, tes razón, vou ver se o resto de hemisferio que me queda para pensar resolve ou non...
Compruebo que sigues en forma.Go on!, pero temos que darlle un repaso gramatical ós textos...porque, querido Ghato Negro, a vida sen esforzo sempre queda a medias.
Querido Anónimo:
O corrector galego de OrtoGal non ía. Volverei a probar...
Publicar un comentario